![]()
RIBADUMIA> Unha quincena de mulleres participan desde hoxe en Ribadumia nun curso de Atención a Persoas Dependentes.
{flowplayer}images/salnes/curso_ribadumia.flv{/flowplayer}
RIBADUMIA> Unha quincena de mulleres participan desde hoxe en Ribadumia nun curso de Atención a Persoas Dependentes, que se imparte nas aulas do Centro Social de Barrantes.
A actividade está organizada polo Concello, co apoio do Servizo Galego de Igualdade e permite a estas mulleres recibir formación teórico e práctica para atender mellor ás persoas dependentes, xa non só na casa, senón tamén con vistas a un posto de traballo nunha residencia ou centro de día. A iniciativa responde a unha demanda recollida polo Concello no censo de necesidades, no que se advertía que a muller era principalmente quen deixaba o traballo para facerse cargo dun familiar dependente.
O curso ten unha duración de 200 horas e será impartido por unha psicóloga, unha educadora social e unha nutricionista. As alumnas aprenderán a planificar e a facer os coidados, amais de aprender nocións de nutrición e alimentación, e tamén de limpeza.
Redacción Salnés









