As mariscadoras de Vilaxoán vixían as praias dos furtivos

    mariscadorarosa_100jpg.jpgVILAGARCÍA > O furtivismo é un dos principais problemas ós que ten que enfrontarse o marisqueo. En Vilaxoán ben o saben as mariscadoras, …

    … que se ven obrigadas a vixiar elas mesmas as praias, tódolos días do ano, incluídas as fins de semana. E é que aínda que esta medida se adopta en moitas confrarías galegas durante o verán pola chegada dos turistas, aquí o problema está presente tódolos meses. Dende a agrupación das mariscadoras de a pé, formada por unhas sesenta mulleres, a súa presidenta, Rosa López, tamén se queixa da agresividade que empregan en moitas ocasións os furtivos. Ademais, os furtivos cada vez están máis organizados, e mesmo van con traxes de neopreno, e coa cabeza cuberta para que non poidan recoñecelos.

    En moitas ocasións os furtivos mesmo se enfrontan ás mariscadoras, que en función das mareas e do momento do día, se organizan en grupos de entre 10 ou 4 mulleres para vixiar as praias. Algúns dos altercados cos ilegais xa os levaron ós xulgados, e para elas a única solución ó problema é que se endurezan as penas que castigan este tipo de delitos.

    Para as mulleres da confraría, que tamén teñen contratado un servizo de vixilancia privada para as horas da noite, esta unha labor dura e extra, pero á vez tamén necesaria se queren conservar o marisco. A vixilancia, como é coñecida entre o gremio, é xa unha rutina máis das mariscadoras de Vilaxoán, que ademais de coller os bivalvos, agora tamén teñen que salvagardalos.

    Redacción Salnés