Vilanova comeza os actos dunha semana de Valle Inclán que contará co escritor Darío Villanueva

VILANOVA> Vilanova comeza a programación da semana de Valle Inclán. Dende este mércores ao domingo, a vila celebrará numerosos actos como obradoiros, lecturas, charlas e por suposto a ofenda floral. A semana de Valle Inclán contará este ano coa participación do escritor Darío Villanueva.

Como cada ano, Vilanova rende homenaxe ao seu artistas máis recoñecido, Ramón María del Valle-Inclán. A vila comeza este mércores a semana en honra do escritor. Cunha ampla variedade de actos culturais para poñer en valor a obra de Valle-Inclán.

Os actos comezaron cun obradoiro teatral e continuarán mañá xoves cunha actividade para fomentar o galego. Venres terá lugar a lectura pública cos colexios, a ofrenda floral e pecharase o día cun concerto. Un dos actos máis destacados terá lugar o sábado coa conferencia do escritor Darío Villanueva.

Trala conferencia terá lugar a presentación da 44 revista cuadrante.

Os actos pecharanse o domingo cun scaperoom pola mañá e unha obra de teatro pola tarde. A paixón e admiración de Vilanova por Valle-Inclán non remata só coa celebración da súa semana. De feito dende a asociación xa están preparando o capítulo 45 da revista.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí