O executivo sonense cede a xestión do centro de día a unha empresa privada

centrodia_100_160108.jpgPORTO DO SON > A corporación municipal de Porto do Son acordou outorgar a unha empresa privada a xestión do centro de día para a terceira idade.

O expediente de contratación foi aprobado no transcurso dun pleno extrardinario, cos votos a favor do Partido Popular e Alternativa Veciñal do Son, a oposición do BNG e a abstención do PSOE.

Finalmente será unha empresa privada a responsable da xestión do centro de día de Porto do Son, situado na zona da Aguieira. Así se establece no prego das bases aprobadas nun pleno extraordinario, convocado con carácter urxente posto que as instalacións deberán estar en marcha antes do 28 de febreiro. De non ser así, o concello perdería a subvención de 235 mil euros do programa Proder.

Consorcio de Igualdade e Benestar

A pesar de que nun principio se valorou a posibilidade de que a xestión do centro recaera sobre Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, ó que está adherido o concello sonense, finalmente desbotouse posto que non existían garantías para o cumprimento dos prazos para facer uso da subvención europea.

Precisamente, a intención do BNG era que a xestión se realizase dende o propio consorcio para garanti-la transparencia polo que os concelleiros nacionalistas decidiron votar en contra da aprobación do expediente de contratación mentres que os socialistas optaron pola abstención.

{flowplayer}barbanza/centrodia.flv{/flowplayer}

Redacción Barbanza