O PP esixe medidas urxentes para a conservación do Castro de Baroña

ppbarona.jpgPORTO DO SON> O PP insta ó goberno local a aprobar o Plan Especial para a Conservación do Castro de Baroña.

{flowplayer}barbanza/ppbarona.flv{/flowplayer}

O xacemento arqueolóxico do Castro de Baroña constitúe a principal seña de identidade do municipio sonense, tanto a nivel turísitico como cultural e etnográfico. É por esta razón, que os populares deseñaron durante a súa etapa no goberno un plan especial de ordenación para regular os usos no seu contorno e favorecer a súa conservación.

Aprobación urxente

Na actualidade, co cambio de goberno o documento fica nun caixón a pesar de contar cos informes favorables e as autorizacións pertinentes para a súa aprobación. Dende o grupo popular instan ó goberno a levar ó pleno este plan pola vía de urxencia.

De non obter resposta, o PP presentará unha moción de urxencia para tratar a aprobación do plan especial. E é que, malia tratarse dun dos principais vestixios da época celta, dende a fomración conservadora lembran que hai vintecinco anos que non se acomete ningunha mellora para garantir a súa conservación.

Redacción Barbanza