Industria suspende temporalmente as explosións de Cornazo

    seorpedra_100.jpgVILAGARCÍA > As explosións para a obra do vial de acceso ó Porto de Vilagarcía están suspendidas. Así o determinou onte a Consellería de Industria, …

    … logo de que un técnico do departamento autonómico visitase ó lugar de Outeiro, en Corzano, onde caeron pedras procedentes das voaduras. Estas detonacións, aínda que legais, supoñían un perigo para a seguridades dos veciños. A edil de Industria de Vilagarcía, Rosa Abuín, e Xosé Castro Ratón, comunicáronlles onte ós veciños de Outeiro a medida adoptada pola Consellería de Industria, trala visita técnico ó lugar das voaduras, onde comprobou os danos provocados en casas, coches e outras propiedades dos veciños.

    rosavecios__200.jpgA construción do vial de aceso ó Porto de Vilagarcía vai ter que esperar agora á redacción dun informe por parte dos técnicos da empresa adxudicataria da infraestrutura, no que se presente un novo plan de explosións controladas. Este novo proxecto, terá que cumprir tres puntos, que son a redución da carga de explosivos, a protección das vivendas coas medidas que se consideren máis oportunas coma a colocación de redes ou valados, e por último o cambio de orientación das voaduras. O técnico de Industria tamén se comprometeu a realizar un seguimento dos traballos cando se retomen as detonacións. Pola súa banda, os veciños xa advertiron de que están dispostos a opoñerse ó novo proxecto se este non lles garante a súa seguridade.

    En canto á reparación dos danos causados pola choiva das pedras, os afectados só contan co compromiso verbal por parte do concello e da empresa responsable das voaduras de que se arranxarán canto antes. Pero polo de agora, os non lles quedou outro remedio que ir poñendo eles mesmos pequenos apaños, ante as largas que lles dan dende a empresa.

    O novo plan para as explosións, terá que ser supervisado pola Consellería de Industria e logo aprobado pola Subdelegación do Goberno, xa que as obras son dependentes do Ministerio de Fomento. Dende o concello de Vilagarcía calculan que ata finais de xaneiro non se retomarán as detonacións.

    Redacción Salnés