CCOO e UXT ultiman os detalles para a folga xeral do día 29

    FOLGA_XERAL_29 copia.jpgSALNÉS> Ambos sindicatos reuníronse cos delegados do Salnés para informalos dos actos que se celebrarán ata o día da folga.

    {flowplayer}images/salnes/FOLGA_XERAL.flv{/flowplayer}

    O Auditorio de Vilagarcía acolleu esta asemblea cos delegados de ambos sindicatos que tiña por obxectivo ultimar os detalles dos diferentes actos que se van a celebrar ó longo dos doce días que restan ata o día da folga. Ademais, resolvelas dúbidas existentes en torno ó alcance legal da folga.

     A labor centrarase na convocatoria de reunións informativas nas empresas da comarca para que os traballadores se unan á folga. Tamén teñen previsto celebrar outra serie de actos como unha caravanas de coches que terá lugar o día vintecatro ou o piquete informativo do día vinte e cinco no parque da Xunqueira, en Vilagarcía. O propio día da folga haberá unha manifestación ás doce e media da mañá na praza de Ravella.

    Ante este chamamento á folga xeral, tanto CCOO coma UXT cualifican de erro lamentable o feito de que a CIG decidira non unirse e convoque a súa propia manifestación.

    A pesares disto, ambos sindicatos agardan que a folga sexa un éxito e consigan o obxectivo polo que se convoca: paralizar a reforma laboral que ven de aprobar o goberno central.

    Redacción Salnés