MEIS> Mellorar os centros escolares e loitar para que Meis teña un centro de día. Estas son algunhas das promesas da socialista Marta Giráldez no seu acto de presentación da candidatura. A actual alcaldesa estivo arroupada por cargos importantes do PSdeG como Valentín González Formoso, David Regades e Carmela Silva. Os socialistas defenden que Marta Giráldez presenta o mellor proxecto e equipo para Meis.
O PSdeG, con Marta Giráldez á cabeza, fíxose coa alcaldía de Meis por primeira vez na súa historia nas anteriores eleccións. Unha praza que os socialistas non queren perder. Por iso realizaron un acto multitudinario na renovada Praza de España para apoiar a Marta Giráldez. A actual alcaldesa fixo balance dos seus 4 anos de mandato, destacando os investimento nos centros de educación, as humanizacións de rúas, as melloras en servizos sociais, coa posta en marcha do roupeiro solidario, e o banco de alimentos e a loita pola sanidade da vila.
A candidata preséntase con ganas de ser reelixida, confiando no seu proxecto e con obxectivos por diante como ampliar a escola infantil, mellora asfaltados e humanizar rúas, mellorar o saneamento ou loitar pola creación dun centro de día.
A socialista estivo arroupada por cargos importantes da súa formación como Valentín González Formoso, David Regades e Carmela Silva. Dende o PSdG destacan o seu traballo, o seu cariño á vila e o seu proxecto como os mellores para Meis.
No acto tampouco faltaron as críticas á oposición, dende o PSdeG consideran que a Xunta, liderada polo PP, non tivo en conta en ningún momento as necesidades de Meis.
Marga Giráldez tamén quixo poñer en valor o traballo do seus compañeiros sinalándoos como o mellor equipo. Un equipo que só terá un cambio na súa parte alta. Manuel Muñoz será o seu número dous e deixará de ser concelleiro Jose Ramón Vidal.