MADRID> Os concellos de Sanxenxo e O Grove van da man na organización e promoción da segunda edición da Media Maratón Entre Rías. Esta tarde, os alcaldes dos dous municipios protagonizaron en Fitur a posta de longo desta proba, que se vai celebrar o 18 de maio polo borde litoral dos dous municipios. Telmo Martín e Jose Antonio Cacabelos reivindicaron a importancia do traballo conxunto entre concellos, con independencia da súa cor política.
O stand de Galicia en Fitur acolleu esta tarde a presentación da que será a segunda edición da Media Maratón Entre Rías. A proba vaise celebrar o 18 de maio, organizada polos concellos de Sanxenxo e O Grove.
A proba percorre o borde litoral dos dous municipios. Os dous alcaldes poñen esta media maratón como exemplo de traballo conxunto entre concellos.
A media maratón vai ter lugar en plena ponte das Letras Galegas. Martín e Cacabelos falan da importancia de organizar este tipo de actividades fóra da tempada alta, para apoiar o sector turístico e hostaleiro.
Ambos rexedores aproveitan para reivindicar este tipo de accións e a unión de dous concellos que, aínda que de cor política distinta, traballan polo mesmo obxectivo.
E lembran que teñen en común xa outros proxectos en marcha, como o de red.es, a través do que están a impulsar unha web turística conxunta.











