O Grove creará un Consello Local de Urbanismo para abrir o PXOM ó pobo

    urbanismo_100_180107.jpgO GROVE > O Concello do Grove arranca motores para corrixir o PXOM e contar cun informe completo antes de que remate o ano …

    … Onte pola noite constituíuse a Comisión Municipal de Urbanismo e ó mesmo tempo o executivo local anunciaba que creará un Consello Local de Urbanismo. Este órgano será a principal canle de participación cidadá no desenvolvemento do plan xeral.

    Veciños e colectivos do Grove poderán aportar ideas sobre o novo PXOM. O goberno local anunciou a creación dun Consello Local de Urbanismo que terá carácter consultivo para a aplicación do plan xeral. Nel terán cabida un representante de cada unha das diferentes asociacións de veciños, asociacións profesionais, plataformas de afectados, promotores, técnicos e demais entidades legalmente constituídas que estean relacionadas co sector. Segundo explica o Concello, este Consello de Urbanismo estará informado do proceso de redacción do PXOM e ocuparase de trasladar á corporación as preocupacións destes colectivos.

    O cuatripartito meco ten intención de chegar a decembro cun informe corrixido do novo documento urbanístico. Onte mesmo constituíuse a Comisión Municipal de Urbanismo, integrada por un edil de cada grupo político da corporación. Na reunión estableceuse como norma un voto por partido e dictamináronse os pasos a seguir durante os próximos meses. Ademais, o executivo do Grove pretende adherirse á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, un instrumento que velaría pola utilización racional do solo conforme ó disposto na ordenación urbanística.

    Redacción Salnés