O sector da conserva chinesa interésase polo Salnés

O SALNÉS> O sector da conserva chinesa interésase polo Salnés. Representantes do sector na China están a visitar a comarca, da Man da Mancomunidade, para coñecer a industria conserveira da ría de Arousa. Visitaron tres conserveiras, dúas adegas e outros puntos de interese turístico. A idea é afondar nesta relación para abrir liñas de mercado. Polo de pronto, ademais da elaboración dun memorando para marcar a folla de ruta desa colaboración, hoxe avanzaron que o organismo comarcal viaxará á China no mes de agosto de 2025 para seguir estreitando lazos.

Non é a primeira vez que a comarca do Salnés e A China tecen lazos, pero desta volta esa relación podería ir máis alá dunha declaración de intencións. A Mancomunidade recibiu hoxe a visita dunha delegación de empresarios do sector da conserva que querer abrir novos mercados en España.

Nese sentido, nas últimas horas achegáronse ata tres conserveiras da zona, Cermar, Real Conservera Española y Friscos, para coñecer o seu traballo e, sobre todo, a calidade da materia prima.

Ademais deste sector, o xigante asiático tamén pon a vista no sector vitivinícola, de feito, tamén se achegaron a dúas adegas, ao tempo que aproveitaron para coñecer algúns dos principais recursos turísticos da zona. Agora a Federación Chinesa de Comercio e Industria en España e a Mancomunidade teñen previsto elaborar un memorando para definir as vías de colaboración.

Porque o que buscan, explican dende a delegación chinesa é establecer un mecanismo fixo de colaboración entre A China e España, en especial con Galicia e O Salnés.

Ademais, esta mañá, o representante chinés lanzaba unha invitación á Mancomunidade, asociacións sectoriais e empresas para que visiten Pequín a finais de agosto de 2025. Será coincidindo co celebración do 30 aniversario da Asociación Nacional da Industria da Conserva da China.

Un punto de encontro que ha ser clave para seguir avanzando no desembarco na China dos nosos produtos.