O Extrugasa a oitavos. Próxima estación: Tel Aviv

extrugasa250vid_180108.jpgVILAGARCÍA > Era remontable e remontouse, coma sempre a base de traballo e boa defensa. 62-74, doce puntos de diferencia que deixaron en nada os catro que levaba o Gran Canaria do partido de ida en Fontecarmoa.

As de Isaac Fernández cimentaron a súa victoria nun gran inicio de partido. Saíron moi centradas e acertadas no tiro polo que se foron sete arriba no primeiro cuarto. As canarias no souberon achegarse a esa barreira dos catro puntos no resto do encontro.

Deste xeito o Extrugasa xa está clasificado para os oitavos de final da Eurocup onde se medirá ó equipo israelí do Electra Ramat Hasharon. O partido de ida, o día 31 de xaneiro en Tel Aviv; o de volta, o 7 de febreiro.

Antes, desputan mañá en Salamanca o derradeiro encontro da primeira volta da Liga ante o poderoso Perfumerías Avenida. Será ás19:00.

A xornada baloncestística desta fin de semana complétase co encontro que o Inelga desputa en Bizcaya ante o Adreilu Santurtzi. O equipo vasco é o segundo clasificado na xeral polo que os vilagarciáns terán moi complicado romper coa xeira negativa de catro derrotas consecutivas que arrastra a día de hoxe. O encontro, a partires das 18:30.

Por último, mañá ás 19:00 o Establecimientos Otero non debería ter problemas para vencer ó Drova Vigo.  

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_180108.flv{/flowplayer}

Redacción Salnés