Cambados celebra o patrón dos animais no día de San Antón

    curacan_100.jpgCAMBADOS > Os animais celebraron hoxe en Cambados o seu patrón. E é que hoxe é día de San Antón Abad, e como xa ven sendo tradición …

    … en moitas vilas españolas, a igrexa parroquial de Santa Mariña sumouse á celebración, consistente en bendicir ás mascotas. A asociación protectora de animais organizou este ano a particular bendición que, por primeira vez, se celebrou en Cambados. Segundo sinalou a responsable da canceira municipal, Olga Costas, o obxectivo da iniciativa é concienciar á sociedade, e en especial ós máis pequenos, da responsabilidade que debemos adoptar á hora de coidar as nosas mascotas. Ademais algúns dos cans que foron hoxe a Igrexa veñen da canceira de Cambados.

    Para os donos dos animais á razón de participar hoxe neste acto estaba moi clara, xa que para eles as súas mascotas son un dos seus mellores amigos. E dende a Igrexa, o párroco de Cambados, José Aldao, tamén se mostrou hoxe moi satisfeito por colaborar na actividade, que malia que desta primeira vez non tivo unha alta afluencia de xente e das súas mascotas, esperan que nos vindeiros anos se sumen máis veciños. Cambados, é xunto con Vilagarcía unha das vilas pioneiras no Salnés en celebrar o día do patrón dos animais. E é que eles tamén son criaturas de Deus.

    Redacción Salnés