Olalla Fernández cabeza de lista e Rosa Abuín, terceira, polo BNG

    rosa_olalla100_210108_001.jpgVILAGARCÍA > Rosa Abuín, concelleira de Innovación e Promoción Económica de Vilagarcía de Arousa, será a número tres na lista do BNG

    …ás eleccións do 9- M. A cabeza de lista será a actual deputada en Madrid, Olalla Fernández Davila. Ambas teñen como obxectivo común acadar unha maior representación de Galiza no goberno central.

    Era un segredo a voces, e agora xa é oficial despois de ser aprobado polas asembleas comarcais e recibir o referendo do consello nacional do BNG.

    Rosa Abuín, a actual concelleira de Innovación e Promoción Económica vilagarciana, será a número tres da candidatura do Bloque ao Congreso, pola comarca do Salnés.

    Rosa é coñecida polo seu traballo social e institucional no concello, e acadou o apoio unánime do partido. Para Abuín, que Vilagarcía e a comarca estean no número tres nas listas, é motivo de agradecemento, pola valoración do traballo feito no Concello. A partir de agora, a súa labor será facer de canle das propostas dos cidadáns.

    O BNG apostou por mulleres para encabezala súa lista. A Rosa Abuín, a precede Anxos Ribeiro, a voceira nacionalista no Concello de Pontevedra, e como cabeza de lista, o bloque conta coa deputada Olalla Fernández Davila, e destaca o seu traballo no ámbito económico, do traballo e do comercio.

    Fernández está convencida de que o BNG é a organización política que ela entende que pode representar os intereses de tódolos galegos e galegas.

    Ámbalas dúas candidatas coñécense ben e compartiron traballo no eido sindical, aseguran que o BNG é o único partido que pode dicir que cumpriu os seus compromisos nestes catro anos e como avance do seu programa electoral, din que aplicarán políticas que leven ao benestar das persoas, e polo tanto, dos traballadores, tendo ademais como prioridade, os cidadáns en situación de desvantaxe social.

    Redacción Salnés