Traballadores de Maderas del Atlántico convocan dous días de folga

    agulla_100.jpgO SALNÉS> Traballadores do Grupo Maderas del Atlántico de Caldas irán a folga os vindeiros días 2 e de 3 Xuño. Con esta medida de presión,…

    {flowplayer}images/salnes/260509_folga_maderas_atlantico.flv{/flowplayer}

    … os 114 traballadores deste complexo de catro empresas protestan pola falla de cumprimento da dirección da empresa das bases acordadas na pasada aprobación do expediente de regulamentación de emprego. Un ERE que tiña como condición previa que Maderas del Atlántico pagase ós seus empregados unha mensualidade das tres que lle adebeda, a maiores dos atrasos do ano 2008.

    As tres forzas sindicais CIG, CCOO, UXT están de parte do sentir unánime da plantilla, que queren ver con estes pagos prometidos unha mostra de boa vontade por parte da dirección da empresa. Con todo, o Secretario Comarcal da CIG desconfía seriamente das intención da empresa respecto á marcha do ERE tal e como acordaron no seu día a propia directiva, unha comisión de traballadores e as tres centrais sindicais, baixo a mediación da propia inspección de traballo.

    En caso de non obter unha resposta favorable a esta mobilización, os representantes sindicais auguran un endurecemento do conflicto, cunha segura radicalización de posturas.

    Redacción Salnés