O mercadiño da Protectora recada 1.600 euros e donacións de penso

    mercadino_protectora copia100.jpgVILAGARCÍA> Artigos de segunda man, dende libros e cds, ata xoguetes, chamaron a atención de moitos habitantes da vila.

    {flowplayer}images/salnes/MERCADINO_BENEFICO_CANCEIRA.flv{/flowplayer}

    A Protectora de Animais de Vilagarcía saíu onte á rúa para recadar fondos para os seus habitantes. Mesas cheas con artigos de segunda man, dende libros e cds musicais, ata xoguetes e peluches, conseguiron chamar a atención de moitos habitantes da vila, que quixeron colaborar con esta causa.

    Os 1.600 euros recadados xa teñen destino: o arranxo da furgoneta da Protectora, unha das moitas necesidades que ten o refuxio na actualidade.

    A organización prepara catro destes mercadiños ó ano, unha actividade que da resultados pero tamén complicada de organizar.

    Ata a praza da peixería a protectora tamén levou consigo un ordenador portátil con fotos dos 170 cans que ocupan as súas instalacións co obxectivo de buscar algún adoptante. Pero ademais de buscar un fogar para estes animais, a concienciación da xente é outra dos seus traballos prioritarios.

    Redacción Salnés