![]()
PONTECESURES > O Concello recibiu o borrador dun convenio que a Xunta de Galicia quere por en marcha para remodelar a zona portuaria …
… da vila levando a cabo varias actuación que se acometerían en dúas fases e que suporían un investimento superior ós 3 millóns de euros.
A primeira das fases comprende unha obra na estrada N-550 onde se contemplaría o paseo fluvial ata o seu tramo existente, a calzada rodada dende a nacional, un borde interior peonil, a praza do porto, e unha zona verde anexa ó peche das instalacións, unhas infraestructuras que ascenderían a 2.400.000 euros. Na segunda fase acometeríanse as obras da prolongación do paseo fluvial existente ata a rampla de varada do porto, tamén o reparcelamento e urbanización da zona industrial – deportiva, cun investimento de máis dun millón de euros.
Agora o executivo de Pontecesures estudiará o borrador de dito convenio e levarao á aprobación no pleno da Corporación para que Portos de Galicia ratifique a proposta. O Goberno Local estaría interesado en adoptar o acordo da Xunta.
Redacción Salnés








