Detido tras intentar roubar en dous establecementos de Cambados

    roubo_cambados_100.jpgCAMBADOS > A policía local de Cambados detivo onte a un veciño de Vilagarcía como presunto autor de cadanseu delicto de furto en dous locais …

    …comerciais do centro da Vila. O primeiro deles, tivo lugar antes das oito da tarde de onte neste establecemento de Ferretería situado na Avenida de Vilagarcía. Nel o presunto ladrón, JGT, de 38 anos de idade, apropiouse dunha cámara dixital por valor de preto 800 euros. Os dependentes deste establecemento sorprendérono na allada e quitáronlle das mans unha videocámara de última xeración, pero non se deron de conta da cámara dixital, ata que xa liscara da tenda.

    Ó parecer o ladrón era un mozo de aparencia normal, sen nada que fixese sospeitar. Ademais, as pezas cas que pretendía facerse eran as mellores do mostrario, polo que no establecemento coidan que sabía ben o que se levaba.

    Momentos máis tarde, o amigo do alleo dirixiuse a esta reloxería pratería, a Tic Tac, situada na rúa de Lugo, á beira da praza de Compostela. Alí, presuntamente quería levarse un reloxo tras intimidar á dependenta, aínda que finalmente, foi ela mesma a que logrou evitar o roubo. Pasaban xa das oito e media da noite, cando a policía local conseguiu dar co sospeitosos preto da praza do Concello. Neste momento, o dependente da Ferretería, que casualmente pasaba por alí ó rematar o seu horario laboral, foi quen o identificou como o presunto ladrón.

    Neste momento, o agora detido non levaba ningunha peza das subtraídas en riba. A providencia quixo tamén que este mesmo dependente fose o propietario da xoiería, segundo declarou el mesmo, onde momentos máis tarde o ladrón intentara facerse cun reloxo pola forza. Agora as dilixencias están en mans da Garda Civil quen puxo o sospeitoso xa a disposición xudicial.

    Redacción Salnés.