Falece o empresario vitivinícola Vicente Pérez Álvarez

    cerrado_por_defuncion_100.jpgVILAGARCÍA > Esta tarde foi soterrado no cemiterio Xeral de Vilagarcía Vicente Pérez Álvarez. Este coñecido empresario do sector vitivinícola…

    …apareceu onte morto no interior da súa bodega Valdumia. Foron os mesmos traballadores da nave os que encontraron o seu corpo sen vida nada máis entrar a traballar.

    Vicente nacera fai 64 anos de idade na localidade ourensá de Castrelo de Miño, nunha familia de fondas raizame vitivinícola. Alí comercializaban viño do Ribeiro e a súa chegada a Vilagarcía, aló polo 1941, os seus pais abriran un almacén de venda de viño na rúa da Baldosa, chamado La Palomita. Foi de aquí de onde lle ven o nome de familia co que era coñecido popularmente.

    Agora este vilagarcián de adopción, deixa muller, catro fillos e dous netos; ademais de varias empresas de renome na comarca do Salnés. A primeira delas é a bodega Valdumia, que comercializaba o reputado viño Albariño da mesma marca. Aínda que tamén posuía a marca Atalfrigo, unha factoría de productos conxelados feitos con derivados do mar situada no polígono industrial de Meaño, e Servarosa, unha empresa manufactureira de peixe en Pontearnelas.

    Redacción Salnés.