A plataforma da PO-531 presenta na Xunta máis de 1.800 alegacións

    alegacins100_220108_001.jpgPONTEVEDRA > 1.826 alegacións e 3.809 sinaturas, en contra do proxecto de desdobramento da PO- 531. Son as cifras exactas que…

    …se presentaron ó longo da mañá, no Rexistro da Delegación da Xunta de Galicia en Pontevedra. A Plataforma 531 Pontevedra- Curro, prevé facer manifestacións antes das eleccións, senón se soluciona o problema. Contan co apoio do Concello de Barro, e precisan o do Concello de Pontevedra.

    Os afectados pola futura ampliación da estrada PO- cincocentos trinta e un, entre Pontevedra e Vilagarcía, ó seu paso polas parroquias de Portela e Curro, no municipio de Barro, e de A Devesa, Alba e Campañó, no de Pontevedra, sementaron o vial de carteis en contra do proxecto. Constituíronse na chamada Plataforma cincocentos trinta e un, e calculan que a reforma afectará a uns catrocentos veciños e setenta casas, doce de elas, serían ademais, expropiadas.

    Esta mañá fixeron entrega das máis de mil oitocentas alegacións na Xunta, amais de catro mil sinaturas en contra do proxecto.

    A plataforma conta co respaldo do PP, BNG e PSOE do Concello de Barro, e na busca de apoio, reuníronse tamén co alcalde de Pontevedra, pero sen acadar aínda os resultados precisos. Segundo presidente da Plataforma 531, o Concello de Pontevedra amosouse moi reacio.

    Segundo alcalde de Barro, o actual proxecto non axilizaría a circulación entre Pontevedra e Curro, dado que serían precisas cinco rotondas no recorrido, case unha por Kilómetro, amais das medianas que teñen previstas. En definitiva, Landín, ten unha clara opinión sobre o proxecto. Cualificouno de aberración, sen sentido e asegurou que sería unha ruína para os centos de persoas que alí teñen os seus fogares, negocios ou leiras.

    Como alternativas ao proxecto, os afectados reclaman a gratuidade do tramo da autopista AP nove entre Pontevedra e Curro, a estrada A cincuenta e sete coa futura Ronda de Pontevedra ou a posta en marcha dun proxecto de mellora da seguridade vial para peóns.

    Para o próximo día nove de febreiro, os veciños teñen previsto manifestarse. Non pensan, en principio, interferir nos actos electorais, pero senón solucionan o problema, o Presidente da plataforma, non descarta tomar outras medidas.

    {flowplayer}images/salnes/alegacions.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés