O Paseo da Ribeira estará pechado ao tráfico alomenos durante quince días

RIANXO> A Policía Local informou de que a partir do vindeiro 1 de xuño, e durante un período de alomenos quince días, o Paseo da Ribeira estará pechado ó tráfico. O motivo non é outro que a realización de diversas obras vinculadas ó proxecto de ampliación da EDAR, que se están a executar actualmente.

A consecuencia das obras a circulación pola zona sufrirá unha reorganización. Os vehículos pesados empregarán o acceso dende a rúa Rinlo, pola estrada de Rianxiño, Arcos Moldes, Fincheira, Xogo dos Bolos e estrada de Tanxil ata a zona portuaria, para acceder ou saír do centro urbano. para o resto de vehículos permitirase circular polo Paseo da Ribeira ata a zona do estreito, polo cal deberán usar rutas alternativas ó tramo comprendido entre o inicio do estreito e o peirao da T de ser o caso.

Ademais procedeuse tamén á reubicación da parada de autobuses e o servizo de taxis para a zona do peirao de Setefogas.

A Policía Local xa instalou sinalización circunstancial na zona.

Dende o Concello apelan á colaboración cidadá para que as ditas modificacións puntuais non causen mais molestias que as estritamente necesarias por mor das obras

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí