Feijoo: ‘Con Clesa inicia a senda da unión do sector lácteo galego’

    FEIJOOCLESA100 copia.jpg CALDAS> O titular da Xunta amosouse confiado en que o plan de negocio de Clesa se consolide a pesar de comezar ‘no peor momento posible’.

    {flowplayer}images/salnes/FEIJOO_VISITA_CLESA_310712.flv{/flowplayer}

    É a mensaxe máis escoitada trala adquisición de Clesa por parte da sociedade de cooperativas Acolact. Galicia ten xa unha marca láctea propia e un proxecto que nace en Caldas coa pretensión de escenificar a unión do sector. Así o remarcou o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo durante a súa visita ás instalacións da planta de Saiar. Logo de terse reunido cos novos responsables da factoría, o titular da Xunta amosouse confiado en que o plan de negocio de Clesa se consolide a pesar de botar a andar, dixo, ‘no peor momento posible’.

    Feijoo tivo tamén palabras de agradecemento para os traballadores, os seus representantes e as dez cooperativas galegas que decidiron crear Acolat para salvar a empresa. A súa unión, dixo, permitiu á nosa comunidade ter hoxe en día un proxecto galego e unha marca galega que permite avanzar na ‘unión do sector lácteo galego’.

    Redacción Salnés