Cincuenta expertos analizan o cultivo e as enfermidades do kiwi en Galicia

    kiwi100.jpgPONTEVEDRA> Científicos e empresarios buscan unha solución que acabe coas novas enfermidades que poden chegar a estragar o 20% da produción.

    Os cultivos de kiwi introducíronse en Galicia hai máis de 35 anos. Dende entón, este froito dáse moi ben no clima temperado das Rías Baixas de onde sae un produto de calidade que apenas precisa de tratamentos fitosanitarios.

    Os métodos de cultivo van mudar nos vindeiros anos ante a aparición de enfermidades que atacan á planta e que poden chegar a estragar o 20% da produción. 50 expertos tratan de buscar hoxe unha solución para acabar cos patóxenos sen empregar produtos agresivos.

    Científicos e empresarios do sector na provincia compartiron hoxe experiencias con investigadores de Galicia, Asturias e Portugal. Un experto italiano que se considera unha eminencia no tema impartiu unha charla sobre o control de bacterias nos cultivos evitando os productos químicos.

    Pontevedra é unha referencia no estudo do kiwi en España. A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, que depende da Deputación, investiga os cultivos das Rías Baixas coa fin de optimizar as colleitas e dar coas mellores variedades.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/300609_xornadas_kiwi.flv{/flowplayer}