VILAGARCÍA> Faleceu Paco Fernández, o presidente de Cáritas Interparroquial de Arousa. Tiña 67 anos. O seu corpo foi atopado sen vida na praia do Carreirón, na Illa, á que se achegaba con frecuencia para pasear.
Natural de Fene, estaba á fronte da entidade dende 2005, convertendo a entidade nun referente, cunha xestión brillante e ateigada de boas inciativas, a prol daqueles que menos teñen.
O alcalde de Vilagarcía xa trasladou á familia o seu pesar pola súa morte. Alberto Varela destaca a “afabilidade e positivismo dun home que sempre te recibía cun sorriso e que sempre estaba disposto a botar unha man”
Dende o Concello indican tamén que a súa morte deixa un enorme baleiro na cidade. Salientan que Paco entregouse a Cáritas en corpo e alma nos últimos 16 anos, facendo unha gran labor social.