A Deputación pagará a metade da suba salarial ós bombeiros

    bombeiros100_290108.jpgRIBADUMIA > Terán suba salarial pero desde o 1 de xaneiro. Foi o compromiso ó que chegou Rafael Louzán cos bombeiros

    {flowplayer}images/salnes/bombeiros.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA > Terán suba salarial pero desde o 1 de xaneiro. Foi o compromiso ó que chegou Rafael Louzán cos bombeiros dos parques comarcais da provincia de Pontevedra. A Deputación aportará a metade dos 230 euros mensuais de suba para cada bombeiro. O que aínda non quedou moi claro é que ese incremento teña carácter retroactivo desde outubro, como demanda este colectivo.

    Os bombeiros da provincia de Pontevedra cobrarán o incremento salarial que reclaman nas nóminas de febreiro. Así llelo comunicou esta mañá o presidente da Deputación, Rafael Louzán. O organismo provincial comprometeuse a achegar o cincuenta por cento desa cantidade pero contando desde o 1 de xaneiro. Os bombeiros piden que o incremento salarial, de 230 euros brutos mensuais teña carácter retroactivo desde outubro, ó igual que os seus compañeiros da Coruña e Ourense. Este punto tratarase, no caso do parque do Salnés, no vindeiro pleno do Consorcio.

    A reunión celebrouse esta mañá no parque comarcal do Salnés e nela tamén participaron representantes sindicais doutros parques da provincia, como o do Morrazo e o do Porriño. Da xuntanza saíron cos ánimos algo calmados e, aínda que non as teñen todas consigo, daranlle unha oportunidade á administración. O presidente da Deputación lamentou ante os bombeiros que tivesen que chegar a este acordo unilateral, posto que agora falta que a Xunta concrete a achega do outro 50 por cento.

    Louzán considera que a administración autonómica discrimina de xeito sectáreo á Deputación de Pontevedra, posto que tamén a excluíu das recentes Lei de Emerxencias e da Axencia Galega de Emerxencias. Os delegados sindicais dos bombeiros teñen agora unha xuntanza pendente para estudiar estas propostas da Deputación.

    Redacción Salnés