MUROS> A pancarta de Muros en Negro xa pende da fachada da casa consistorial. Por segundo ano consecutivo, o concello muradán súmase a esta campaña de sensibilización en contra da violencia de xénero.
Tras asinar o protocolo da campaña onte mesmo xunto ó cento de concellos que se adheriron a esta campaña, Muros porá en marcha un amplo programa para conmemorar o Dia Internacional contra a violencia de xénero. Arrancará este sábado coa representación da ora teatral Pementeiras e terá continuidade ó longo da semana con actividades nos centros educativos.
O xoves 22 está prevista a segunda mesa local de coordinación interinstitucional con representación de tódolos axentes involucrados contra a violencia.
O venres 23, ó igual que noutros moitos concellos que participan na campaña, desenvolverase unha andaina contra a violencia que partirá a mediodía dende os institutos.
Xa pola tarde, a biblioteca municipal acollerá un contacontos coa igualdade de xénero como tema central. O propio día 25 publicarase un video resumo da campaña no que se recollerán tódalas actividades mentres que o 26 proxectarase a curta ‘Miña’ para os alumnos de terceiro da ESO dos institutos. Ademais das numerosas actividades, o concello repartirá diverso material como carteis, pulseiras, camisetas ou pousavasos que para todo o comercio, a hostalería e a cidadanía en xeral se sumen a esta campaña.