Veciños de Rianxo demandan un médico de garda para atender as urxencias

    fallamedicosrianxo_100_161108.jpgRIANXO > Un grupo de veciños de Rianxo concentráronse ás portas do centro de saúde da localidade para esixir a incorporación de novo persoal médico.

    {flowplayer}barbanza/fallamedicosrianxo.flv{/flowplayer}

    Dende que o centro de saúde de Rianxo abrira as súas portas, hai agora dous anos, os veciños veñen denunciando a escaseza de persoal médico. Esta situación provoca que os profesionais que na actualidade exercen o seu traballo no centro rianxeiro se vexan saturados e que, polo tanto, os pacientes non podan reibir a atención axeitada. A principal demanda dos afectados é a incorporación dun médico de garda durante o turno de tarde que permita atender as urxencias.

    Este non é o único problema xa que na actualidade, o centro de saúde conta tan só cun pediatra. Cando está de vacacións ou de baixa, os nenos teñen que ser atendidos polo médico de cabeceira, sen poder contar coa opinión dun especialista.

    Os pais, a falla de contar con dous pediatras que sería a solución ideal piden que, cando menos, se contrate un substituto para cubrir as ausencias do titular da praza.

    Máis servizos

    Ademais da incorporación de novo persoal, os veciños demandan máis servizos e equipamentos, como por exemplo un equipo de radiografías, para evitar ter que desprazarse ata o Clínico de Santiago por probas deste tipo.

    As carencias no centro público están a provocar que moitos pacientes teñan que recorrer á sanidade privada cos consecuentes gastos que supón. Para evitalo seguirán reclamando diante das administracións competentes a mellora na calidade asistencial con actos de protesta coma este.

    Redacción Barbanza