Carlos Gey asume a candidatura co reto de potenciar o emprego

    candidaturacarlosgey.jpgRIANXO> Trala elección de Carlos Gey como candidato, o PSOE de Rianxo traballa xa na confección dunha lista electoral plural.

    {flowplayer}barbanza/candidaturacarlosgey.flv{/flowplayer}

    A proclamación oficial como cabeza de lista dos socialistas rianxeiros ás eleccións do 22 de maio, supón para Carlos Gey non só un reto senón un dos compromisos máis importantes que ten asumido ata o momento.

    Por esta razón, traballa xa intensamente na elaboración da lista de persoas que o acompañarán nesta nova etapa que se abre, tras vinte anos de mandato de Pedro Piñeiro. Polo momento, prefire non dar nomes á espera da confirmación oficial aínda que se ratifica no dito o día da súa elección, afirmando que no seu proxecto hai sitio para todos.

    Emprego

    Unha das liñas principais do seu programa e o eixo central do seu goberno, no caso de lograr a maioría para acceder á alcaldía, será a creación de emprego a través da potenciación dos recursos do municipio.

    Gey confía en contar co respaldo maioritario da sociedade que lle permitiría dar continuidade ós proxectos iniciados polo seu antecesor así como impulsar novas iniciativas para o progreso de Rianxo.

    Redacción Barbanza