Folclore galego e canario fusionaranse na sétima edición do festival Tahume

RIBEIRA> Ribeira acollerá o sábado 29 a sétima edición do Festival ‘Tahume entre Folclores’. Ademais da agrupación de música e baile tradicional que dá nome ó evento, actuarán ‘Os xeitosos de Trazo’ e a asociación cultural O Farallón de Tábata de Galdar.

Tres agrupacións culturais participarán na sétima edición do festival ‘Tahume entre Folclores’ que se desenvolverá o sábado día 29 no novo auditorio de Ribeira.

Dende a organización animan á veciñanza a achegarse a gozar deste espectáculo que fusiona mostras da tradición galega e canaria como mostra da diversidade cultural das distintas comunidades.

O festival dará comezo ás oito da tarde. As invitacións poderán retirarse unha hora antes na porta do auditorio aínda que 300 localidade xa foron repartidas entre as agrupacións participantes.