O PP do Grove presentará alegacións contra o proxecto da EDAR

    ppgrove_100.jpgO GROVE > O Partido Popular do Grove está preparando as alegacións que presentará ante o proxecto de ubicación da nova depuradora …

    de augas residuais na zona de Laxe de Rons. Os populares entenden que este emprazamento ten un problema en canto a súa cualificación do solo, xa que son terreos de especial protección de costas. Outra das obxeccións ás que van a facer mención, fan referencia ás condicións naturais deste espazo, na que existen varios humedais, bateas, e preto dunha ducia de establecementos auxiliares de acuicultura.

    Por isto, o PP grovense vai a esixir un exhaustivo informe de avaliación medioambiental, no que se reflictan as repercusións que pode ocasionar no entorno esta EDAR e os verquidos que poidan xurdir dela, nunha das poucas zonas do país que conta co cualificación de zona A.

    Os populares conclúen dicindo que esta localización non é a axeitada e que habería que estudiar outras alternativas máis axeitadas,por exemplo, a proposta no proxecto anterior, á beira de onde está a actual planta de pretratamento, que xa contaba co visto bo de augas de Galicia, e onde, aseguran, que non ía a xerar tantos problemas colaterais.

    Redacción Salnés.