CANALRIASBAIXAS xa na TDT

    canalriasbaixas2_100.jpgCORPORATIVO > Esta casa, CANALRIASBAIXAS comezou xa as súas emisións na televisión dixital terrestre; a coñecida como TDT.

    A partir de agora poden sintonizarnos na canle 27 da UHF, para todos aqueles que teñan orientados os seus receptores ó repetidor do Monte Xiabre, en Catoira.

     Poden memorizar esta sintonía no número 7 do seu mando a distancia, posto que este é o nome co que emitimos en dixital: A SETE CANALRIASBAIXAS.

    Así pois, emitiremos simultaneamente en analóxico e dixital ás 24 horas do día.

    Nos sucesivos meses botarán a andar outros repetidores situados noutros lugares das Rías Baixas para dar cobertura a esta área ca máxima calidade.

    A esta boa nova engádese outra tamén destacada: segundo a prestixiosa empresa de medición de audiencias SOFRES, Canalriasbaixas conseguiu un novo record de audiencia: o pasado mes de outubro víronnos 298.765 espectadores diferentes; o que supuxo unha media diaria de 66.435 espectadores.

    Por todo isto, reciban o noso máis sentido agradecemento e estean atentos, porque seguiremos informando.

    Redacción Salnés