Os bombeiros suspenden o peche ante a resposta das administracións

    bombeiros100_240108_001.jpgRIBADUMIA > O encerro que os bombeiros dos parques da provincia de Pontevedra iniciaran esta mañá, …

    … xa obtivo resposta por parte da Xunta e a Deputación. As dúas administracións apuráronse moito en comunicarlles ós bombeiros que están dispostas a aceptar as súas reinvindicacións, logo da medida de presión adoptada polos afectados. Os traballadores piden que se equipare o seu soldo a dos bombeiros dos parques de A Coruña e Ourense.

    Os bombeiros dos parques comarcais de Bombeiros do Salnés, Cangas e o Porriño reuníronse esta tarde na sede de Ribadumia onde explicaron a situación das negociacións que están a manter coa Xunta e a Deputación respecto a subida dos seus salarios. E é que tan só unha hora despois de iniciar o seu encerro ás nove desta mañá, as dúas administracións xa lle comunicaron ós bombeiros a súa intención de acordar a suba de soldos que demandaban.

    Suspenderon os encerros, e agora van esperar ata o luns, día no que o consorcio de Bombeiros do Salnés se compremeteu a darlles unha resposta. Pero os traballadores xa advertiron hoxe que de non contar entón cun compromiso firme, que lles garanta con carácter retroactivo as subas demandadas, continuarán en pé coas mobilizacións que tiñan previstas.

    Din os bombeiros que a súa é unha situación de discriminación, ante os bombeiros de outros parques galegos. Piden o mesmo incremento salarial acordado pola Xunta de Galicia e a Deputación de A Coruña para os traballadores dos parques desta provincia. Unha suba, que agora tamén se vai aplicar en Ourense, e que ascende ós 230 euros para os bombeiros, e ós 290 para os cabos. En Pontevedra, o incremento terán que financialo a partes iguais, deputación e Xunta.

    Redacción Salnés