Unha victoria para afianzarse nos postos de arriba

baloncesto250vid_240108_001.jpgVILAGARCÍA > O Extrugasa afronta mañá o primeiro partido da segunda volta da Liga ante o Celta Vigourban. Isaac Fernández non poderá contar con case total seguridade con Leslie Ardon, que sofre unha escordadura de nocello.

Despois de quince días durísimos o Extrugasa afonta mañá a partires das 21:00 e no Instituto Municipal dos Deportes un importante encontro ante o Celta Vigourban. Encontro de rivalidade rexional entre dous equipos que levan unha traxectoria moi similar na Liga; as vilagarciáns son sextas e as viguesas oitavas cunha victoria menos.

Sería importante un triunfo para os intereses do Extrugasa xa que lle metería dous partidos de vantaxe a un rival directo pola loita por entrar nos playoffs e lles permitiría afronta-lo futuro na Liga un pouco máis relaxado.

Prevese un partido moi igualado onde de novo o dominio do rebote será clave. As vilagarciáns tentarán que non se repìta o que aconteceu no partido de ida, cando a pivot Mujanovic fíxolle un roto á defensa anotando 24 puntos. Para o adestrador Isaac Fernández, o que sexa capaz de impoñe-lo seu ritmo de xogo terá moito gañado. 

Tódalas xogadoras adestráronse hoxe en Fontecarmoa e estarán en perfectas condicións. Todas a excepción de Leslie Ardon, que será baixa con case total seguridade debido a unha escordadura de nocello.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_240108.flv{/flowplayer}

Redacción Salnés