O Extrugasa quédase a un paso dunha remontada épica

VILAGARCÍA> O Extrugasa disputou onte os 39 minutos restantes do partido suspendido ante o Ibiza hai dez días. As vilagarciáns non puideron sumar a séptima victoria da temporada por mor dunha mala primeira metade que lles lastrou durante o resto do encontro.

O Extrugasa de onte volveu a ser o das dúas caras. A mala, a da primeira parte, na que foron incapaces de frear o contrario e de anotar con facilidade. A boa, a da segunda, a do equipo que defende, morde e se multiplica en ataque. Se ben aconteceu o mesmo que no partido ante o Olesa do sábado pasado, desta volta o desenlace foi diferente.

Stevensson anotou os dous tiros libres cos que se iniciou o encontro e puxo o empate no marcador. A partir de ahí o Ibiza dominou como e cando quixo lideradas dende a pintura por Prsic. As baleares fóronse dez arriba ó remate do pirmeiro cuarto e chegaron a dispoñer de 20 puntos de marxe mediado o segundo (16-36), cando o Extrugasa máis sufría para anotar.

A decoración semellou cambiar no terceiro cuarto cando as locais deron o primeiro arreón e se colocaron a oito, pero que foi ben respondido polo Ibiza que mantivo as diferencias por enriba dos dez. A verdadeira reacción chegaría no derradeiro período, cando un parcial de 17-2 colocaba ó Extrugasa por primeira vez no partido por enriba (54-53). E cando o máis difícil estaba feito e o Ibiza sentíase contra as cordas, a serenidade e acerto cambiou de bando. As baleares souberon xogar mellor o derradeiro minuto de partido e leváronse a victoria por catro puntos de diferencia (58-62).

Cristina Souza, con 21 puntos e 5/9 en triples, foi a mellor dun Extrugasa que mantense quinto na xeral e terá a súa vindeira reválida este sábado, a partires das 20:00 horas ante o pechcancelas da Liga Femenina, o Obenasa Navarra.

Redacción Salnés