Empate do Céltiga que lle pode costa-la cabeza a Núñez

futbol250_280108_001.jpgSALNÉS > Os equipos do Salnés non tiveron a sorte de cara e ningún foi quen de gañar. Ó que mellor lle foron as cousas foi o Vilalonga que empatou na casa do complicado Montañeros. Empate tamén do Céltiga, que podería provocar hoxe a sustitución do técnico Manuel Núñez.

{flowplayer}images/salnes/futbol_280108.flv{/flowplayer}

O Vilalonga continúa a manter intactas as súas opcións de meterse no playoff de ascenso. Onte amosou a súa mellor cara no campo da Grela onde empatou co Montañeros (2-2), un rival directo nos postos altos da táboa. Os locais adiantáronse dúas veces no marcador, pero Comesaña e Machu empataron para os celestes. Agora son séptimos a cinco do ascenso.

O que non está para presumir é o Céltiga, que empatou sen goles no Salvador Otero ante o Lalín. Era un rival complicado, o que menos partidos leva perdidos no que vai de ano, pero a paciencia esgotouse na Illa, tanto que hoxe podería haber destitución. Pedro Ferreira sona coma o sustituto de Manuel Nuñez nun Cétliga que agora está a tan só un punto do descenso.

En Rexional Preferente, o Ribadumia alónxase dos postos de ascenso despois de empatar na casa co Antela (0-0). Os de Ricardo caeron nos mesmos erros dos últimos encontros e a falta de puntería deixaos agora sextos na táboa.

Peor lle foi ó Grove, que caeu na casa do Ponte Ourense por 1-0, nun partido no que o árbitro foi o protagonista e perxudicou ós de Serafín Neira. Continúan decimoséptimos a cinco puntos do descenso.

Redacción Salnés