O VII Open McDonalds pon o peche ó Circuíto Galego de Promoción de Xadrez

VILAGARCÍA> Esta fin de semana ponse o peche ó VIII Circuíto Galego de Promoción. A última proba vaise disputar no Auditorio de Vilagarcía, coa celebración do VII Open McDonalds. A organización corre a cago do Club Xadrez Fontecarmoa. O Xadrez Fontecarmoa prevé a participación duns 140 deportistas, 40 deles propios, nesta decimoitava e última proba do Circuíto Galego de Promoción, para categoría de Promesas a Infantil. A competición terá lugar no Auditorio de Vilagarcía, será o sábado, arrancará ás dez da mañá e prolongarase ata as oito do serán, cando se levará a cabo o acto de clausura coa entrega de premios de final de temporada. Este torneo é o séptimo patrocinado por McDonalds. A competición desenvolverase como é habitual a sete roldas polo sistema suizo. A esta última proba chegan varias categorías sen decidir o campión. É o caso da sub-12 femenina onde a xadrecista do CX Fontecarmoa Andrea Dorado defende o primeiro posto ante Mireia Represa, do Laroca de Nigrán e actual campiona de España. Outro dos vilagarciáns que destacou esta temporada é Luca Rey, en sub-8, que xa se proclamou campión hai semanas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/06/xadrez600_061113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/06/xadrez_061113.mp4{/flowplayer}