O Pazo da Cultura acolle o XIV Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e Saúde

Pontevedra>Dende hoxe e ata este sábado,  o Pazo da Cultura de Pontevedra acolle o décimo cuarto Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e Saúde. Un Congreso que establece un importante foro de intercambio de coñecementos entre profesionais do deporte e da saúde dende diferentes áreas do coñecemento. Unha cita que contará con importantes poñentes e destinado a todos os interesados nestas materias.

Esta mañá quedou inaugurado en Pontevedra, no Pazo da Cultura, a décimo cuarta edición do Congreso de Ciencias do Deporte e da Saúde. Un congreso multidisciplinar que abarca diferentes ámbitos.

Un Congreso destinado a todos aqueles, profesionais ou estudantes, interesados no mundo do deporte e da saúde.

Nesta cita, que se desenvolverá en Pontevedra ata este sábado 5 de maio, participan arredor de 500 alumnos. Un congreso que conta con diferentes tipos de ponencias.

Neste Congreso tamén hai mesas redondas onde o público asistente pode participar realizando as preguntas que consideren oportunas. E un dos buque insignia deste Congreso é, segundo a organización, os poñentes que forman parte del.

Un Congreso que conta tamén cun apartado social e que realizarán dúas saídas, unha tivo lugar nesta tarde coa visita a Biodega de Viño Albariño Paco&Lola e outra terá lugar mañá cunha visita guiada polo caso histórico de Pontevedra.