Pontevedra acollerá a primeira proba do Europeo de triatlon

triatlon250_290108_001.jpgPONTEVEDRA > Esta mañá tivo lugar a presentación da competición, nun acto no que estiveron presentes a Directora Xeral para o Deporte, Marta Souto, e o alcalde pontevedrés Miguel Anxo Fernández Lores.

{flowplayer}images/salnes/triatlon_290108.flv{/flowplayer} 

Por primeira vez na súa historia Galiza albergará unha proba internacional de triatlón e a cidade encargada de acollela será Pontevedra, onde daranse cita os mellores especialistas internacionais desta disciplina olímpica.

Faltan algo máis de dous meses pero xa se están a ultima-los preparativos dunha proba que se disputará o sábado 19 de abril, día escollido para que a competición se poida densenvolver con preamar.

Aínda non se pechou o circuito exacto polo que transcorrerá a carreira pero os xuíces da Federación Internacional de Triatlon xa deron por válidos os posibles trazados. Un dos atletas que de seguro estará ese día será Javier Gómez Noya, galego e campión do mundo da especialidade, que se amosou impaciente por competir por primeira vez na súa vida ca calor e o resplado do público galego.

No acto celebrado esta mañá no Centro de Tecnificación de Pontevedra, o atleta estivo acompañado polos presidentes das federacións galega e española de triatlón asi como por Marta Souto e Fernández Lores. O alcalde pontevedrés amosouse satisfeito de que a súa cidade poida acoller unha competición deste nivel e agarda que o éxito de organización axude á cidade a acoller unha proba da Copa do Mundo en 2009.

Disputaranse dúas competicións, a feminina e masculina. Ambas son de distancia olímpica, é decir, 1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 de carreira a pé.

A proba ademais, será a única que outorgue puntos para a clasificación do Campionato de Europa que se celebra tres semanas despois en Lisboa.

Redacción Salnés