Os maricadores da Ría de Pontevedra péchanse na Delegación de Pesca

    peche100_300108_001.jpgPONTEVEDRA > O patrón maior da confraría de pescadores “San Telmo” de Pontevedra xunto cos armadores excluídos do plan xeral da arte pesqueira Trasmallos

    …pecháronse esta mañá na delegación da consellería de Pesca de Pontevedra. Tanto patróns como armadores reclaman que os deixen traballar .Afirman que cumpren con tódalas normativas dispostas pola lei. Anunciaron que ata non recibir unha resposta seguirán pechados dentro das dependencias da delegación.

     O patrón e varios armadores da confraría de San Telmo en Pontevedra decidiron esta maña pecharse dentro da delegación da consellería de Pesca da cidade co obxecto de protesta por unha situación que lles parece inxusta . Tras acata-la recente lei de Pesca que obrigou reformar as embarcación para seguir faenando dentro do plan xeral da xunta, agora atópanse co atranco da existencia dunha lei anterior de 1994 que prohibe traballar ós barcos novos para traballar con trasmallos

    Xa se coñece a primeira versión da consellería de Pesca na que non se lles ofrece unha solución ata dentro de oito meses, cando finaliza a vixencia do plan xeral con trasmallos. Unha resposta que non convence ós mariscadores

    A alternativa da Xunta é que durante a vixencia do plan con trasmallos, as embarcación reformadas se dediquen a outras artes pesqueiras. Algo co que non están dispostos a negociar. Os mariscadores non descartan tomar outras medidas de presión

     Redacción Salnés