O alcalde pide colaboración cidadá e convoca a Xunta Local de Seguridade

    isaacmaceiras100_300108.jpgA POBRA > Dende o Concello seguen moi de preto o caso do intento de secuestro da menor. O rexedor Isaac Maceiras

    {flowplayer}images/salnes/secuestro2.flv{/flowplayer}

    A POBRA > Dende o Concello da Pobra están a seguir moi de preto o caso do intento de secuestro da menor. O rexedor pobrés, Isaac Maceiras anunciou que xa se puso en contacto co subdelegado do goberno na Coruña, José Manuel Pose.

    O vindeiro luns reunirase a Xunta local de seguridade con carácter urxente, na que tamén estaran presentes, entre outros, o coronel xefe da comandancia da garda civil de A Coruña, responsables dos cuarteis de Boiro e Pobra e o concelleiro de seguridade cidadá pobrés. Nesta asamblea da Xunta Local de Seguridade, segundo anticipou o rexedor pobrés, poñeranse sobrea a mesa varias propostas, como a de establecer un control sobre os extranxeiros que residen no concello.

    Asemade, o rexedor explicou que estivera ca rapaza e os seus pais. Como era de esperar, atopábanse moi preocupados e nerviosos pola situación vivida. A moza, que xa prestou declaración perante as forzas de seguridade, acudiu onte ao centro de saúde xa que presenta varias mazaduras nunha perna producidas no transcurso do forcexo cos presuntos captores.

    Maceiras pediu a todos os cidadáns a maxima colaboración posible e, malia que non adiantou nada sobre as investigacións que se está levando a cabo, si subliñou que as forzas de seguridade están a traballar con dilixencia e eficacia.

    Redacción Salnés