BARBANZA> As rúas da maioría dos concellos volveron onte domingo a cobrar algo de vida. Por primeira vez, e despois de máis de mes e medio de confinamento, os nenos puideron saír á rúa. Iso si, durante tan só unha hora.
Coma na maioría de concellos da zona, no Barbanza o primeiro día de saída dos nenos menores de catorce anos, despois de máis de mes e medio encerrados, viviuse tamén con normalidade. Non houbo incidentes destacables, e a maioría da veciñanza respectou as normas establecidas, mantendo a distancia social, e, nalgúns casos, os menos, como recomendaban, ataviados con luvas e mascaras de protección. O uso dos parques estaba prohibido, como tamén o estaba o o feito de compartir xoguetes, polo que a maioría dos cativos, neste primeiro día fóra da casa, optaron por un paseo coas bicis, patíns e triciclos. Aínda así, como en todo, existe picaresca. De aí que moita xente apele á responsabilidade dos proxenitores á hora de sacar ós seus fillos á rúa, esixindo que se cumpra a normativa e non ter que lamentar nun futuro á volta das medidas máis duras do confinamento.
Despois dunha hora fóra volta á casa. Lavarse ben as mans, desinfectar roupa e calzado e volta a rutina…á que moitos cativos empezan xa a a acostumarse. O feito de estar todo o día na casa xa non é un problema, senón para algúns todo o contrario..