A Deputación sufragará parte da mellora da cuberta do concello muradán

    MUROS> A Deputación da Coruña achegará uns dezaseis mil euros para acometer diversas obras de limpeza e mantemento na cuberta da casa consistorial. O presidente do organismo provincial, Diego Calvo, asinou esta mañá un convenio de colaboración coa alcaldesa, Caridad González, que recolle este acordo, en virtude do cal a Deputación financiará o 60% do custe total da actuación que ascende a máis de 26 mil euros. a cantidade restante deberá ser aportada polas arcas municipais.