Fontecarmoa prepárase para o primeiro asalto ante o Electra

extrugasa250vid_220108_002.jpgVILAGARCÍA > O Extrugasa preprara xa o partido de Eurocup que mañá ha de desputar ante o Electra Ramat. As vilagarciáns buscarán non so gaña-lo partido senón facelo pola maior diferencia de puntos posible para poder desfrutar a semana que ven en Israel dunha cómoda vantaxe.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_300108.flv{/flowplayer} 

Non será un rival nada sinxelo. Isto son os oitavos de final dunha competición Europea e o nivel vai subindo partido a partido. Ademais o Electra Ramat Hasharon xa é un equipo experimentado neste tipo de encontros: foron finalistas do torneo en 1999, cando ainda se denominaba Copa Ronchetti; nesa ocasión caeron ante o Caja Rural. Máis recentemente, en 2005, foron terceiras.

Pero esta vai ser outra historia. Diante terán a un Extrugasa que aínda que está a amosar certa irregularidade nas últimas semanas, lles plantexará guerra.

O adestrador Isaac Fernández xa sabe que o Electra vive fundamentalmente de tres xogadoras: as americanas Jackson e Perkins e a pivot serbia Daliborka Vilipic; entre as tres acadan o 75% dos puntos e rebotes do equipo.

Pero o que preocupa é recupera-la mellor cara, recupera-la actitude e a concentración que se perde en moitas ocasións debido a grande cantidade de encontros que teñen que afrontar.

Tódalas xogadoras estarán disponibles, incluídas Leslie Ardon e Agne Ciudariene, recuperadas ambas das súas molestias.

Para este histórico encontro tódolos estamentos da sociedade vilagarcián se están a volcar: Zona Aberta acudirá a repartir agasallos entre os asistentes e dende o Concello facilitouse a presencia das asociacións de mulleres no partido. Ademais, poderase ver en aberto pola TDT.

O primeiro asalto dará comezo mañá, a partires das 20:30 en Fontecarmoa.

Redacción Salnés