A comarca do Salnés arrasa en Fitur

    fitu100_040208_001.jpgO SALNÉS > As Rías Baixas pisaron con forza en Fitur . A Mancomunidade do Salnés a través do Patronato de Turismo Rías Baixas presentou …

    …en Madrid durante as xornadas celebradas nesta feira de Turismo Internacional un novo sistema de información turístico de un xeito virtual a través do teléfono móbil, vía bluethoot.Do que se trata é de facilitar e aplicar o turismo ás novas tecnoloxías co obxectivo de competir no campo da innovación.

    Durante a celebración da feira de Turismo Fitur o Stand do Patronato de Turismo Rías Baixas estivo repleto de actos onde se presentaron diferentes campañas para promocionar o turismo na provincia de Pontevedra dun xeito diferente. É o caso da mancomunidade do Salnés que dou a coñecer o seu sistema revolucionario de información turística por bluethoot

     Outra das iniciativas foron as pantallas interactivas dende as que se pode acceder a todo tipo de servizos e visitar calquera lugar da comarca do Salnés sen saír da casa Ademáis a través do móbil tamén podemos coñecer a axenda cultural do Salnés ou a predicción meteorolóxica.

    xx100_040208_001.jpgSanxenxo  >   tamén fixo presentou a súa grande aposta en Fitur .Co obxectivo de reforzar o turismo da vila mariñeira, expúxose a nova imaxe corporativa da entidade Turismo Rías Baixas S.L, unha empresa que lidera o consorcio de empresarios e hostaleiros de Sanxenxo coa colaboración do Concello.

    A sociedade mixta Turismo de Sanxenxo S.L virá segundo os seus representantes a reforzar e impulsar un turismo de vantaxe de confianza que desprende Sanxenxo e os seus arredores co paradigma de ser unha das zonas consideradas con máis atractivos de Galicia. A nova imaxe corporativa presentada en Fitur da entidade consiste nun par de xes superpostas resaltando o son característico do nome da vila pontevedresa.

    A alcaldesa de Sanxenxo presentou a nova cara da empresa que concello e consorcio de empresarios e hostaleiros puxeron en marcha A Alcaldesa tamén adiantou os obxectivos que a partires de agora se marcará a entidade ente os cales e atopa a elaboración de novos proxectos innovadores co selo de identidade do concello de Sanxenxo sen esquecer os atractivos tradicionais que son o eixo fundamental do Turismo nas rías baixas

    Arousa Norte  >   tamén se fixo notar no recinto madrileño de Ifema que acolleu este ano en Fitur un ampla representación galega . A baza pola que apostou o Barbanza foi a dedicación lendaria que esta comarca ten co mar. Co ánimo de chegar a un público máis numeroso, o Patronato de Turismo Arousa Norte repartiu a través de azafatas disfrazadas de mexillóns, centos de broches deste insigne molusco. Tanto os alcaldes do Barbanza como as autoridades promocionaron a comarca de Arousa Norte como un lugar inesquecible.

    arousanorte100_040208_001.jpgArousa Norte contou cunha alta representación de autoridades da comarca do Barbanza. A nota orixinal coa que destacou a organización este ano foi o elenco de mozas disfrazadas mexillón que chamaban a atención dos asistentes a Fitur que repartían uns broches en forma dos moluscos que tantas satisfaccións lles dan ós galegos e os foráneos.

    Os alcaldes dos catro municipios que forman o Barbanza participaron na presentación dun vídeo promocional onde o obxectivo deste ano foi resaltar a cultura mariñeira da comarca . A vida ligada ao mar, ese foi a mensaxe que a mancomunidade do Barbanza quixo transmitir na presentación desta campaña coa que pretenden captar a novos turistas utilizando a cultura mariñeira como a mellor baza

    As autoridades barbanzás estiveron respaldadas polo director xeral de Turismo da Xunta, Rubén Lois quen destacou a importancia da ría de Arousa cara ó exterior Por último a comitiva de Arousa Norte invitou a tódolos asistentes á degustación dos productos conserveiros que son a mostra da cultura mariñeira da comarca do Barbanza.

    Redacción Salnés