VALGA> Arredor de 200 persoas manifestáronse xunto coa Cig en Valga diante da empresa Urovesa para reclamar un novo convenio do metal. Os traballadores piden un incremento do salarios con respecto ao Ipc, subrogación ás empresas privadas e que melloren as condicións laborais. Denuncian a mala actitude da patronal nas negociacións e non descartan ir á folga.
Arredor de 200 persoas manifestáronse este mércores en Valga xunto coa Cig diante da empresa Urovesa. O motivo da mobilización é reclamar un mellor convenio para o sector do metal. As negociacións están atascadas, segundo advirten dende a Cig, pola mala actitude da patronal. O primeiro motivo de disputa é a subida dos salarios.
Dende o sindicato tamén piden as subrogacións sexan dadas ás empresas privadas.
Outra das súas reclmacións é a redución de horas anuais.
Con estas condicións, os traballadores critican que as empresas pidan persoal cualificado pero que logo teñan aos profesionais con malas condicións.
As mobilizacións teñen lugar porque, segundo denuncia a Cig, a patronal estalles facendo propostas moi por debaixo das súas pretensións. De seguir así, non descartan ir á folga.
As mobilizacións continuarán nas vindeiras datas pero por agora sen actuacións concretas. O vindeiro venres terán lugar varias asembleas en vilas como Vilagarcía, Pontevedra e Vigo para establecer a folla de ruta.