Cambados homenaxea a Dolores del Valle polo seu 138 aniversario

CAMBADOS> Cambados volve homenaxear a Dolores del Valle polo seu 138 aniversario. Como todos os anos, goberno local e veciñanza levan á súa capela un ramo de flores. Dende a vila consideran este acto moi importante para poñer en valor a súa figura como parte fundamental da historia de Cambados.

Cada 24 de abril o concello de Cambados homenaxea o nacemento de Dolores del Valle. Os restos da francesa descansan no cemiterio de Santa Mariña. Ata alí, goberno e veciñanza levan cada ano un ramo de flores pola importancia que Dolores del Valle tivo para Cambados.

Para cambados, falar de dolores del valle é falar da súa historia.

Dolores del Valle non só destacou polas súas doazóns a Cambados, se non tamén pola súa implicación coa formación da xuventude. De aí que a praza da xuventude de Cambados leve o seu nome.

Ademais tamén foi unha pioneira no eido deportivo.

Dende Cambados destacan a importancia de continuar con estas homenaxes para manter vivo o seu legado e que as novas xeracións coñezan a figura e a importancia para a vila de Dolores del Valle.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí