O BNG reclama máis aparcamentos próximos ó casco urbano

    bngaparcamento_100_270509.jpgRIBEIRA> Os nacionalistas tamén demandan construción dunha circunvalación dende a autovía ata o peirao da localidade.

    {flowplayer}barbanza/bngaparcamento.flv{/flowplayer}

    Dende as filas nacionalistas sinalan que os problemas para atopar un lugar no que aparcar en pleno casco urbano en Ribeira son maiores dende que o executivo local puxo en marcha a zona azul, sen que se adoptaran anteriormente medidas , como por exemplo, a creación de areas de aparcamento público gratuítas á entrada do casco urbano ou a mellora do transporte público.

    Circunvalación

    Para a voceira nacionalista o peor aínda está por vir, facendo referencia clara á época estival, co incremento considerable no número de vehículos. Ademais da necesidade de habilitar máis áreas de aparcamento público gratuíto, os nacionalistas reclaman tamén a creación de vías alternativas para desvia-lo tráfico do centro urbano como podería ser a construción dunha circunvalación dende a autovía ata o porto.

    Redacción Barbanza