Ironman ou Batman instalaranse no Salón Rivas Briones de Vilagarcía ata o 25 de novembro

    VILAGARCÍA> Batman, Ironman ou unha representación de os Gremlins estarán dende hoxe ata o 25 de novembro, hospedados na Sala Antón Rivas Briones, en Vilagarcía. Unha exposición que se engloba dentro da programación da 44ª Edición do Curtas Film Fest de Vilagarcía. 

     

    Esta noite tivo lugar a inauguración na Sala Rivas Briones de Vilagarcía de catro exposicións que están relacionadas ca programación da nova edición do Curtas Film Fest de Vilagarcía.

    A mostra permanecerá aberta ata o 25 de novembro e nela pódense contemplar as pezas orixinais, utilizadas no cine, de personaxes de heroes de aventuras e ciencia ficción dos anos 80.

    Batman, Ironman ou Hulk son só algúns dos heroes que habitaran nesta céntrica sala de Vilagarcía esperando as visitas de todos os amantes da ciencia ficción, do cine e o cómic. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/06/ptac_expo_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/06/ptac_expo_villa.mp4{/flowplayer}