Vigo ou Vilagarcía? Preguntámoslle á xente a súa opinión sobre as luces de Nadal deste ano

VILAGARCIA> Case que tódolos concellos da nosa contorna acenderon xa as súas luces de Nadal. Así que hoxe nós aproveitamos para saír á rúa para ver se á xente lle gusta. Fomos ata Vilagarcía, onde o gran protagonista deste ano é un agasallo xigante, que preside a praza de Galicia.

Hai quen queda prendado mirando para elas e hai quen nin as mira, pero o certo é que o Nadal sen as rúas iluminadas non sería o mesmo.

As pequenas vilas pouco poden facer fronte os nutridos decorados das grandes urbes, pero cada quen, na medida dos seus posibles aproveita poñer bonitas as súas rúas. En Vilagarcía, o principal reclamo deste ano é este gran agasallo, instalado na praza de Galicia.

O concello destina unha partida de 80.000 euros, 20.000 máis que no pasado Nadal. Quen defende este gasto di que son boas para anima-las rúas e para fomenta-las vendas do pequeno comercio.

Pero non todo son loanzas para o alumeado deste ano. Hai quen di que é máis feo que o ano pasado e hai quen bota en falta máis zonas iluminadas. Críticas que tamén se estenden a outros puntos, como é o caso de Vilaxoán.

E claro, se saímos á rúa preguntar polas luces do Nadal, querendo ou sen querer, acabamos falando do inevitable: as luces de Vigo… Pero como Vigo nos queda un pouco a desmán nós quedamos coas decoracións da nosa contorna. Quizáis non reluzan tanto, pero son os nosos.