Grandes novidades para o XV Encontro do Viño de Autor de Meaño

    vino_autorcopy.jpgMEAÑO> A Festa celebrarase entre o 20 e o 25 de xullo. Este ano o encargado de dalo pregón será o xornalista Tomás Alonso.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_FESTA_VINO_AUTOR.flv{/flowplayer}

    Un ano máis a Asociación de adegas Artesáns Rías Baixas organiza o seu tradicional Encontro do Viño de Autor. A praza do concello de Meaño foi, coma de costume, o lugar escollido para a celebración e a colocación dos stands. A Festa arrancará o día vinte e prolongarase ata o 25. No día da inauguración, que será ás nove e media da noite, o pregón correrá a cargo do xornalista Tomás Alonso.

    Cada día, a apertura dos stands será ás once e media da mañá. Dentro do programa de actividades, ademais da tradicional cata dos viños participantes, coma novidade, haberá un concurso de canto de taberna e outro de bullar millo a man.

    Desde a organización confesaron que se trata dun programa acorde ós tempos nos que estamos no que tentaron recuperala tradición e que os visitantes cumpran un papel activo.

    A clausura da festa e entrega dos premios será o día 25 ás once da noite.

    Redacción Salnés